O día 12 farase entrega dos títulos da concentración parcelaria de Ramil

O Concello de Castro de Rei convocou aos veciños afectados á entrega de títulos da Zona de Concentración Parcelaria de Ramil, que rematou recentemente.

O acto terá lugar o xoves 12 de marzo ás 17.00 horas da tarde diante da casa consistorial.

Previamente, os propietarios deberán pasar mañá, a partir das 9.30 horas, pola casa do concello para a recollida de documentación e comprobación de propietarios. Os veciños afectados deberán acudir co seu DNI, ao mesmo tempo que aqueles que queiran recoller os títulos en nome de persoas falecidas, que deberán adxuntar a documentación correspondente á sucesión.

Así mesmo, as persoas que non poidan acudir o día 12 deberán ir acompañados da correspondente autorización.

Etiquetas