Skip to main content
ActualidadeXermade

O Xulgado de Vilalba arquiva a causa contra o alcalde de Xermade

Por 4 Marzo, 2020Sin comentarios

O Xulgado de Instrución número un de Vilalba vén de comunicar o sobresemento provisional da causa na que figuraba como investigado o alcalde de Xermade, o socialista Roberto García, pola xestión da comunidade de montes de Lousada.

O alcalde foi investigado como responsable da comunidade de montes, que preside, por supostas irregularidades despois de que un comuneiro denunciase un desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017.

A comunicación do xurado aclara que “non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu motivo á formación da causa”, de modo que decreta o sobresemento provisional das actuacións.

Engade tamén o auto, que, trala declaración no xulgado de Roberto García comprobouse que ao peche de 2017 a entidade tiña un saldo en tres contas bancarias de 75.766 euros, unha cantidade “mesmo superior ao superávit que consta no indicado balance”.

Tamén aclara que se presentaron as facturas correspondentes aos principais gastos da comunidade, que os principais referíanse ao arranxo de pistas e aos espectáculos contratados para as festas patronais da localidade. No capítulo de gastos figuraba tamén o canon que abona o parque eólico asentado en terreos da comunidade. Analizada toda esa documentación, precisa o xulgado, “non existen vestixios de delito que xustifiquen a continuación da causa”.

Esta é a segunda denuncia que este particular pon contra o alcalde e a segunda tamén que no vai adiante polo que non descarto o rexedor “tomar mediadas legales contra esta persoa polo tinte persoal que ten a súa conduta”.