Histórica actuación de María Carballido no Campionato de España de pista cuberta

Histórica actuación da deportista do Atletismo Friol, María Carballido, no Campionato de España Absoluto de pista cuberta, disputado en Ourense o 1 de marzo e onde un deportista da localidade era partícipe por primeira vez do máximo evento da tempada de pista cuberta a nivel nacional.

María tomaba parte na proba dos 800 metros lisos, na que é a actual campeona galega absoluta, e lograba a cuarta posición na súa serie semifinal cun tempo de 2.14.50 minutos, marca que supón un novo tope persoal e que lle valeron para finalizar no posto número 21 do cómputo total deste campeonato de España en dita especialidade.

Etiquetas