O Concello de Outeiro de Rei presenta o proxecto para unha piscina e un centro BTT

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, reuníronse para falar sobre a creación dun centro deportivo no Concello.

Este proxecto contempla construír unha piscina, un centro BTT e un edificio que daría servizo cun bar ás dúas instalacións. As instalacións situaríanse nunha finca de titularidade municipal en Santa Isabel.

Vázquez confirmou o compromiso da Xunta de Galicia en colaborar nesta actuación, e proximamaente poderase firmar o convenio para que os traballos comecen dentro do Plan Hurbe, un programa creado para axudar aos concellos a financiar actuacións de recuperación e mellora de espazos públicos.

Esta obra estaría financiado con achegas do Concello e da Xunta. O alcalde avanzou que o Concello manterá o convenio co club de Bonxe mentres non se constrúa a piscina e que a achega da Xunta para as obras, podería ser de 750.000 euros, pero concretarase cando se firme o convenio.

Etiquetas