Tino Baz actúa o sábado na Casa Museo de Manuel María

O cantor guardés Tino Baz presenta este sábado, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o seu último traballo, Si cantan, es ti que cantas, en que interpreta de maneira monográfica a poesía de Rosalía.

Once poemas de Follas Novas e Cantares Gallegos que son tratados polo canto e a inspiración creadora que lle suxere a Tino Baz, como músico e cantor, a lectura sosegada de Rosalía.

Tino Baz estreou este traballo en xullo de 2019, e co cal leva percorrendo boa parte das localidades e entidades culturais do país, entre elas a propia Casa Rosalía onde o interpretou no pasado mes de outubro.

O prezo do billete para asistir este concerto é de 5 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

 

Etiquetas