Skip to main content
ActualidadeVilalba

Mans Unidas de Vilalba organiza un festival solidario

Por 6 Marzo, 2020Sin comentarios

Mans Unidas de Vilalba organiza un festival solidario o 14 de marzo para recadar fondos para o proxecto Defensa dos dereitos das mulleres rurais en Huamachuco, Perú. Este ano co el lema Quien más sufre el maltrato al planeta no eres tú.

Dito festival solidario terá lugar o sábado, 14 de marzo, as 20.00 horas, no Aauditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba e estará presentado por Mª Xosé Lamas. O prezo da entrada é de 5 euros.

No acto participarán os Troyanos de Compostela, que son unha Asociación de Antigos Tunos Compostelanos, e Entre Lusco e Fusco, que son un grupo vilalbés de baile, canto e música tradicional.

Esta vila peruana é unha poboación rural dispersa de 41.613 habitantes que se adica fundamentalmente a agricultura de subsistencia e a gandería. Os medios de comunicación e de transporte son moi deficitarios o que tamén dificulta o acceso a educación, a saúde, ó suministro de auga, a enerxía eléctrica, etc. A taxa de alfabetización é baixa e afecta moito mais as mulleres.

O socio local Cepedas-Norte ven traballando dende o ano 2001 con 115 mulleres e 69 homes en 9 comunidades rurais para consolidar a inclusión da muller na vida social y produtiva facendo valer os seus dereitos e mellorando a formación dos funcionarios públicos responsables en materia de violencia de xénero.

O custo do proxecto ascende a 30.000 euros, e as aportacións locais representan un 15% e Mans Unidas participa aportando equipos, materiais, persoal, servizos, gastos de funcionamento e transporte co 85% restante do presuposto total.

Tamén colaboran Concello de Vilalba, Imprenta Junor, Carnicería Generosa, Representaciones Cabarcos, Xamons e Embutidos www.Elote.es, Panadería Iglesias, Panadería Martiñán, Tahona Curras, Queserias Entrepinares, Dispravia S.L., Bodegas Baamonde e Estrella Galicia.