Skip to main content
Actualidade

O 8M daranse a coñecer os premios do Concurso de Fotografía de Outeiro de Rei

Por 6 Marzo, 2020Sin comentarios

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o  8 de marzo, o Concello de Outeiro de Rei convocou o IV Concurso de Fotografía A Muller Traballadora no Concello de Outeiro de Rei.

As fotografías gañadoras do concurso daranse a coñecer ese día na Casa da Cultura ás 18.30 horas nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo.

No acto, de portas abertas, farase a entrega de premios ás persoas gañadoras; a mostra permanecerá aberta ao público en horario de 10.00 a 14.30 ata o día 31 de marzo

Para celebrar ese día, como é tradicional, haberá unha degustación de doces caseiros.

Este ano ademais está previsto, sempre que o tempo acompañe, realizar unha pequena andaina que partira ás 16.15 horas das inmediacións do Concello e que rematará cunha sesión de zumba.

No caso de facer mal tempo a actividade trasladarase ao pavillón de Deportes. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa  inscrición no servizo de Deportes, tfno. 982 393 408; igualmente, poden aclarar calquera dúbida sobre a actividade no 659 987 589.