Abadín e Riotorto puxeron en marcha o Servizo de Educación e Apoio Familiar

Os concellos de Abadín e Riotorto, en agrupación cos Concellos de Mondoñedo e Trabada, puxo en funcionamento o Servizo de Educación e Apoio Familiar.

Este servizo estará a disposición das familias que o precisen e terá funcións como dar apoio ás familias ao longo de todas as etapas do seu ciclo vital en aqueles aspectos no que o precisen ou poñer a disposición das familias participantes atención psicolóxica, así como alternativas e recursos dispoñibles no entorno.

Tamén favorecerá a integración, promoción e participación das familias ou unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria, ademais de promover espacios de encontro de nais e pais enfocados á formación compartida e á mellora da educación familiar.

Para recibir asesoramento ou información por parte deste servizo haberá que poñerse en contacto no teléfono 982 508 021 ou acudir persoalmente ao Concello, os luns en horario de atención ao público, de 09.00 a 14.00 horas.

Etiquetas