A Garda Civil fará unha charla sobre seguridade para maiores en Rábade

O mércores 18 de marzo, ás 11:00 horas no centro sociocultural de Rábade, terá lugar unha charla informativa da Garda Civil, dentro do Plan Maior Seguridade, onde se tratará de amosar os principais riscos dos nosos e nosas maiores e se aportarán unha serie de consellos para previlos, co obxectivo de ter unha maior seguridade e un maior benestar.

Entre outros temas tratarase sobre accidentes, seguridade vial, medidas de autoprotección, estafas, riscos etc.

Etiquetas