O 14 de marzo celebrarase en Vilalba a tradicional Festa dos Pepes

Un ano máis, Vilalba acollerá a Festa dos Pepes, que nesta ocasión celebrará a edición número 60 e que terá lugar o sábado 14 de marzo.

O programa de actos arrincará ás 18.00 horas co disparo de obmbas de palenque seguido da ofrenda floral no cemiterio municipal na honra de todos os pepes e pepas falecidos.

Unha hora máis tarde, sobre as 19.15 terá lugar a xuntanza na Rúa dos Pepes, para acudir a continuación á igrexa parrquial de Santa María acompañados polo pasarrúas a cargo de Buxos Verdes.

Ás 19.30 horas dará comezo a misa maior oficinada por José Gallego Vila e coa intervención do presidente do club, José Antonio Pita Paz.

Trala actuacaión dda coral Luar farán a ruta dos viños acompañados novamente pola música de Buxos Verdes.

Finalizarán a xornada no resturante A Nova Ruta cunha cea baile amenizada polo dúo Areal, que se inciará tralo aperitivo de benvida.

Os interesados en sumarse a esta celebración deberán comprar o seu ticket antes do 10 de marzo nos seguintes establecementos carnicería José Manuel, O Porrás, parrillada A Revolta, café bar Luar e restaurante A Nova Ruta.

Etiquetas