O Centro de maiores de Pol celebra o Día da Muller

A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller.

Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.

En Pol os actos terán lugar este mércores, día 11, e consistirán nunha charla-coloquio co título Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Pol.

Etiquetas