Skip to main content
Actualidade

Preséntanse as Xuventudes Socialistas de Castro de Rei

Por 9 Marzo, 2020Sin comentarios

A Secretaria Provincial do PsdeG-PSOE e candidata as eleccións autonómicas, Patricia Otero, participou este sábado no Restaurante Río Lea, na presentación da nova agrupación das Xuventudes Socialistas de Castro de Rei. Alí dixo que “as xuventudes socialistas sodes o motor de cambio deste país”. No xantar estivo acompañada da Alcaldesa de Trabada e Deputada Provincial, Mayra García Bermudez, do Secretario de Organización na Provincia, Juan Díaz Valiño, do portavoz local, Jose Luís Castro Tellado, e do candidato das Xuventudes pola provinncia, Alejandro Trashorras Murado, así como concelleiros e militantes da comarca.

Otero avanzou que “a situación da mocidade en Galicia ao longo destes últimos 10 anos é un autentico drama, e fan falla medidas e inciativas progresistas que muden a situación de abandono do PP en toda Galicia”.

A secretaria provincial denunciou “a reducción de becas de estudo, así como recortes e privatización na sanidade e educación, que xunto coa falla de políticas de asentamento no rural súmanse ao conxunto de despropósitos que incentivan a saída dos mais novos fóra de Galicia”, explicou.

“Por iso agora máis que nunca os máis mozos debedes aproveitar a oportunidade das políticas progresistas que esta impulsando o goberno de Pedro Sánchez, para seguir avanzando en dereitos e en igualdade para todos os colectivos”, remarcou.

Pola súa banda, a nova Secretaria das Xuventudes de Castro de Rei, Alba Sinde, estudante de 1º de Políticas na USC, sinalou que “dende as Xuventudes Socialistas todos traballaremos por encher o noso Concello de iniciativas lúdicas, culturais e deportivas que contribuían a mellorar as nosas vidas. Porque sabemos que Castro de Rei ten futuro”, dixo. Acompañan a Alba Sinde na Agrupación das Xuventudes Julia Ocampo, Ruben Alvariño e Laura Fernández.