A Tradescola organiza dous novos concertos didácticos en Cospeito

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase ata o Concello de Cospeito, concretamente aos CIP Virxe do Monte (Cospeito) e do CEIP Muimenta para impartir unha nova xornada de música tradicional.

Esta xornada terá lugar o vindeiro mércores 11 de marzo ás 10.00 horas (Casa da Cultura de Cospeito) e as 11.45 horas (Ceip Muimenta). Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Nestos dous concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Xabier Iglesias, Paula Fernández, Carme López e Germán Díaz amosaránselles aos alumnos distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.

Por outra banda, a Tradescola xa ten confirmados novos concertos didácticos para escolares que terán lugar durante este semestre, concretamente en abril estará en Mosteiro (Pol).

Etiquetas