Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Aberto o prazo para o I Slalom Concello de Guitiriz

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

Xa está aberto o prazo para o I Slalom Concello de Guitiriz ata o vindeiro 25 de marzo. A proba inaugural do Campionato de Galicia chega ao municipio da man da escudería Scratch Fene.
Esta proba comeza a quentar motores co período de inscrición, e contará coa experimentada escudería na organización, sendo o Concello de Guitiriz o promotor da mesma.

A proba disputarase todo o sábado 28 de marzo e tamén será puntuable para o campionato de Galicia da modalidade, para a II Copa Noroeste de promoción de Slalom e ofrece como premio a licencia de piloto e a inscrición nos slaloms por eles organizados en 2021 para o gañador da mesma.

O circuíto urbano que se desenvolverá en Guitiriz terá como escenario o Campo da Feira, no centro neurálxico da localidade. A proba combinará velocidade e habilidade para dar o pistoletazo de saída á tempada 2020 e contará co apoio de diversas asociacións e empresarios do municipio.