Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP reclama ao Concello de Vilalba a publicación dos orzamentos

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

Agustín Baamonde, voceiro do grupo municipal do PP en Vilalba acusou ao actual Goberno local de demorarse moito na elaboración do presuposto.

“Non sabemos nada. Antes criticaban porque o presupuesto aprobábamolo en marzo pero eles aínda non o teñen elaboado”.

Para os popualres o orzamento “é  un punto de inflexión en relación con este Goberno. Ata o de agora, podían dicir que estaban traballando cun presuposto que non era seu pero chegaron prometendo aires de cambio que non se ven por ningún sitio, porque non hai anuncio de presusto nin  do que se vai facer”.

Para Baaamonde as contas xerais “darán resposta a preguntas” e como como exemplo “eses  anuncios da construción do centro de día, da depuradora, da canceira e a atención ao rural. Estamos esperando a ver si son así”.

Explica o PP que “agora mesmo están facendo anuncios de actuacións, como o parque acuático, ou os arredores do auditorio, pero non teñen prazo de exeución, nin financiación e esperamos que estean reflectidos nos orzmentos”.

Engadiu tamén que “falaron moito de políticas do rural pero máis aló de tapar catro furados non fixeron nada”. Para Baamonde é importante coñecer o criterio que van seguir na política de rebacheo e no da cobertura de Internet.

POLÍGONO

Agustín Baamonde fixo especial fincapé no polígono. Para o voceiro do PP está ben que anuncien a realización de obras nas vías do polígono “pero hai un problema máis graves, a escaseza suelo”. Afirman que cando deixaron o Goberno estaba casi rematado o proxecto de ampliación de 300.000 metros cadrados e pendentes unicamente da Conferederación Hidrográfica para a súa publicación “polo que non sabemos cal e o restraso”.

Así mesmo quere saber como van solucionar o problema dos madrugadores o próximo ano. “Buscouse unha fórmula o ano pasado porque había prisa e tiña quie ir así, pero esta solución provisional non pode convertirse en definitiva porque ten un grave  problema de legalidade. Hai que dar a oportunidade a todos os nenos de ter trasnporte e non só a un grupo pequeno de cativos. O tempo bótase enriba pero non vemos actividade con esa cuestión”, conclúe.