Skip to main content
ActualidadeBegonteOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXARábade TERRACHÁXATERRACHÁXA

‘Sons e Soños’ de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan un concerto

Por 10 Marzo, 2020Febreiro 3rd, 2021Sin comentarios

As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei organizan para o sábado 21 de marzo o Concerto de Primavera.

Esta xornada musical será ás 18.00 horas en Rábade na praza, sempre e cando o tempo acompañe, senón trasladaranse ao Centro Sociocultural.

A actuación estará a cargo da Banda de música Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.