Skip to main content
Actualidade

O Concello de Castro quere acondicionar unha finca para os usuarios do antigo campo de fútbol

Por 11 Marzo, 2020Sin comentarios

Xa remataron as obras de desmontado do muro e da cuberta do antigo campo de fútbol de Castro Ribeiras de Lea, situado na avenida Terra Chá, lugar no que se construirá posteriormente unha praza e unha parque infantil.

Destes taballos ocupáronse os alumnos do obradoiro de emprego que Castro de Rei comparte con Cospeito e Outeiro de Rei.

Tal e como avanzou o alcalde, Francisco Balado, as obras de construción da praza non se poden acometer aínda por falta de orzamento e a intención do Concello é pedir unha axuda a outras institucións.

“Posiblemente acudiremos ao Plan Hurbe para poder acometer esta obra o antes posible”, explica. Facer esta obra tería un custe aproximado de medio millón de euros.

Para o alcalde é prioritario rematar as obras no campo de fútbol de adestramento, realizado en herba artificial, da que xa se executaron as dúas primeiras fases e quedaría hablitar a plataforma que serva de base para, nunha última fase, facer a instalación da herba, o que ten un investimento de 150.000 euros. Para estas dúas fases tamén se están a buscar axudas doutras institucións.

Ademais, para os antigos usuarios do vello campo de fútbol, como os xogadores de billarda, a intención do Concello é acondicionar un campo municipal situado detrás do mercado gandeiro que ten unha extensión aproximada dunha hectárea. Consistiría en sementar herba, preparar o terreo e deixalo acondicionado en herba pisada para o uso da billarde ou doutro tipo de actividades simalares.