Máis de 60 mulleres vinculadas con Saldanxe reuniranse nunha convivencia o día 21

Se de algo presumiron sempre as mulleres de Saldanxe é de levarse moi ben entre todas e para demostralo o próximo día 21 de marzo reuniranse na antiga escola para poñer en común as súas lembranzas.

A idea xurdiu de Paquita, unha veciña de Saldanxe que faceu o ano pasado e que sempre quixo facer unha reunión. Tralo seu falecemento Eva quixo facer unha homenaxe a esta muller e cumplir o seu sono así que puxo mans á obra… e ao teléfono… e logrou ter a confirmación xa de 66 persoas, 59 adultas e sete pequenas, que acudirán a esta pequena aldea da Pastoriza dende diferentes partes de España.

“Virán mulleres de Barcelona, Madrid, Xixón… de todas partes”, asegura Eva que non espera ter tanta afluencia. De feito, das 60 que hai confirmadas agora, só 15 viven actualmente en Saldanxe, xa que están convidadas todas aquelas que teñen ou tiveron algunha relación co pobo.

A xuntanza consistirá nun xantar e música para bailar “ata que nos cansemos” que estará a cargo de Verónica Cambón. Pero esta reunión terá moitas sorpresas, asegura Eva, que non quere avanzar porque a idea é sorprender ese mesmo día.

Esta iniciativa, que foi feita a título persoal, e visto o éxito, non descartan realizar en próximas ocasións “porque non esperaba que houbera tantas gañas de estar xuntas que foi dicilo para que todas se apuntasen”, asegura Eva.

 

Etiquetas