A Deputación cambia as marquesiñas nas parroquias cospeitesas de Xermar e Sistallo

A Deputación Provincial vén de instalar dúas novas marquesiñas, concretamente nas parroquias de Xermar e Sistallo. Estas substitúen a outras vellas que se atopaban en moi mal estado. “Xa é tempo de que as marquesiñas se vaian renovando xa que estaban vellas e destartaladas ademais de cheas de carteis por lo que se podían considerar un feísmo para o Concello”, explica a concelleira socialista de Cospeito Rosa Morán que tamén solicita “que se respecten para poder cumprir a súa función”.

De feito, estas novas instalacións foron realizadas en madeira para que se integran coa contorna e servan ademais para protexer a todos os usuarios dos servizos públicos de transporte.

 

 

Etiquetas