O Club Fluvial de Begonte renova a súa directiva

O Club Fluvial de Begonte conta cunha directiva nova integrada por cinco rapaces da localidade e que preside Alejandro Varela Quijada.

Este novo equipo de dirección toma o relavo a unha xestión que se prolongou no tempo “e da que non había queixa pero que deixa paso a novas ideas e persoas diferentes que poden aportar cousas diferentes”, explica o novo presidente.

A intención da nova directiva é seguir na mesma liña de impulsar o club fluvial pero realizar mellores xa para este verán “na medida na que nos dea tempo”, e para os vindeiros.

Así, ademáis de Alejandro, forman parte da mesma Esteban Pastrana Núñez como secretario, David Grandío Piñeiro como tesoreiro e os vogais Noé Graña Arraña e Diego Castro Viña.

A nova directiva, que conta cun gran apoio por parte dos socios e mesmo do alcalde da vila, está inmersa agora no proceso de cambio de toda a documentación para facerse co control desta área recreativa que cada ano vai aumentando o número de socios e de visitantes.

Segundo explica Alejandro Varela, o primeiro obxetivo é mellorar a pérgola do bar. “Cada ano levantábao o aire e agora queremos facer algo para que non teñamos que cambiar cada vez que pasa isto, facer algo máis definitivo”, explica.

Así mesmo, unha das primeiras medidas é mellorar o servizo de bar. Este ano, a xestión pasa a novas mans e a intención es modificar o servizo e amplialo.

Ademais, teñen previstas outras accións, como o acondicionamento do acceso ao fluvial ou as instalacións do parque infantil, “que hai que adaptar á nova normativa”.

Tamén seguirán coa escolleira que leva a praia tentando mellorar o seu aspecto.

No tocante ás celebracións, a popular festa da empanada, que ten lugar a mediados do mes de xullo, queren que pase a ser unha festa de máis relevancia, que poda ter postos de artesanía e outras novidades. “Aínda estamos estudiando as diferentes opcións pero todas coa intención de facela máis ampla e abrila a todos os públicos”, engade Alejandro.

 

Etiquetas