Bonos consumo Vilalba

O Concello de Muras aprobou un orzamento para 2020 de 1,74 millóns de euros

O Concello de Muras aprobou tamén no Pleno de febreiro, os orzamentos que rexerán durante o ano e que ascenden a 1.740.000 euros, un pouco menos que o ano pasado no que se reflectiron uns ingresos que ao final non foron para diante.

Como en anos anteriores, arredor do 50% dos orzamentos están adicados a servizos sociais, sendo un dos concellos coa porcentaxe máis elevada neste capítulo.

Así, 65.000 euros irán para a axuda do pago do recibo da luz, que este ano ten máis elevada a cuantía máxima, que chega aos 600 euros.

Así mesmo volverán destiñar 6.500 euros para a apa do colexio e outros 18.000 para as axudas anuais que se conceden aos estudiantes.

O segundo capítulo é para o persoal do concello, ao que va outro 25%.

“Este ano non temos consignadas grandes partidas para inversións, está todo distribuido en partidas pequeñiñas. As grandes obras son do Fondo de Compensación Ambiental como a traída da Balsa, unha partida partida de persoal e outra do Plan Único para a depuradora do Viveiró”, explica o alcalde.

 

 

Etiquetas