Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba celebrará o Día da Poesía cun recital poético

Por 12 Marzo, 2020Sin comentarios

O vindeiro sábado 21 de marzo Vilalba celebrará o Día da Poesía na Casa da Cultura a partir das 12.00 horas.

O acto centrarase nun recital poético aberto a toda a veciñanza e está organizado polo Concello, a Asociación Cultural Caldaloba e Culturalia GZ, e nel poderá participar quen o desexe co recitado de versos propios ou doutra autoría.

Calquera persoa interesada deberá inscribirse previamente, deixando constancia dos seguintes datos: nome completo, título do poema e autor/a do mesmo, no enderezo electrónico info@culturaliagz.com.