A Deputación quere aprobar o día 20 o Plan Único 2020

O presidente da Deputación decidiu convocar para o vindeiro venres, día 20, un Pleno extraordinario para o debate e aprobación do Plan Único 2020, que se incrementa ata os 21,3M€. O programa de cooperación cos Concellos distribuirase entre os 67 municipios da provincia coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos máis de 300.000 lucenses.

Cada municipio deberá destinar, como mínimo, a metade do importe da achega que fai a Deputación a investimentos: obras de mellora ou dotación de novos servizos públicos, como instalacións deportivas, culturais, educativas, áreas recreativas, traídas de auga, saneamentos, adquisición de colectores de lixo ou maquinaria. O 60% desa cantidade deberá ser destinado ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais.

Os fondos distribuiranse entre todos os municipios en base a criterios obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais de 2019.

Esta é a relación de cantidades:

ABADIN: 335.452,02 €
A PASTORIZA: 323.175,96 €
BEGONTE: 296.519,57 €
CASTRO DE REI: 389.115,87 €
COSPEITO: 360.134,92 €
FRIOL: 407.438,43 €
GUITIRIZ: 439.625,65 €
MEIRA: 221.916,78 €
MURAS: 286.381,48 €
OUTEIRO DE REI: 353.004,86 €
POL: 267.691,15 €
RÁBADE: 194.670,07 €
RIOTORTO: 237.414,12 €
VILALBA: 500.000,00 €
XERMADE: 306.454,43 €

Etiquetas