A sociedade Hijos de Abadín en Cuba elixe directiva

A Sociedade Hijos do Concello de Abadín elixiu o pasado 19 de xaneiro á súa nova Xunta Directiva para un período de catro anos ata xaneiro do ano 2023.

A proclamación da única candidatura presentada tivo lugar no salón Ildefonso Diéguez do antigo Centro Galego da Habana e estivo a cargo da Comisión Electoral elixida previamente

Resultaron electos ou ratificados nos seus cargos: Elvira Madeira Cortizo, presidenta; Norma Vázquez Pérez, vicepresidenta; Virginia Blanco Carballeira, secretaria; Dania Conde Fernández, vicesecretaria; Elvira López Gallego, tesoureira; Mario M. García Ibarra, vicetesorero. Completan o directiva catro vocais efectivos: Gisela Casteláns Guevara, as irmás Onelia e Orelia Pérez Pérez e Jorge José Valdés Martínez, e dous vogais suplentes: Margarita Valle Barreto e Gladys García Ibarra. A Asemblea reelixiu á presidenta da sociedade, Elvira Madeira, así como á secretaria, Virginia Blanco, “de recoñecida experiencia en actividades asociativas da colonia galega”.

Tamén foron revitalizadas as comisións de Propaganda e Actividades, con nove membros, sendo elixida como presidenta Emilia Troche Núñez e a Comisión de Beneficencia e Panteón con sete membros, e Jose Antonio Bouza Gonzalez á fronte da mesma.

A nova directiva aprobou un amplo plan de traballo para o próximo cuadrienio, @teniendo en cuenta a celebración do centenario da sociedade en xaneiro do ano 2022, “polo que todos os esforzos estarán dedicados a esta celebración”.

Os novos directivos tomaron posición dos seus cargos e festexaron o acontecemento cun brinde ofrecido aos presentes, así como a actuación da asociada Marta García que interpretou varias pezas musicais do repertorio español.

Esta sociedade, que conta con 169 asociados e foi fundada polo emigrante Perfecto López Vidal o 6 de xaneiro do ano 1922, “continúa firme no seu empeño de chegar ao centenario da súa fundación con novos bríos e incorporando mozos descendentes de emigrantes ao seu colectivo e á súa directiva”.

Etiquetas