Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei escolle as gañadoras do concurso de fotografía do Día da Muller

Por 16 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abriu a mostra coas fotografías gañadores do  IV Concurso de Fotografía A muller traballadora no Concello de Outeiro de Rei.

O primeiro premio, dotado con 150 euros e diploma acreditativo, foi para  a fotografía que ten por título As sentadillas na horta, instantánea tomada na parroquia de Castelo por Estefanía Díaz Rodríguez.

O segundo, dotado con 50 euros e diploma acreditativo, foi para a fotografía titulada Dulzura, traballo presentado por Silvia Cela Fernández.

Segundo recolle a acta do xurado composto por Mª José Martínez Vigo, concelleira de Servizos Sociais, Blanca Arrojo Farelo, traballadora social e Mª Soledad Picón Acal, axente de emprego e desenvolvemento local:

As sentadillas na horta (2020). Imaxe singular que mostra a unha muller apañando grelos nunha finca familiar, sendo esta unha das moitas actividades que acompañaron dende sempre as tarefas cotiás da maioría das mulleres do rural ao longo das  súas  vidas. Grelos que se recollen para  utilizar tanto na alimentación da familia, sendo base para a elaboración de diferentes pratos, como tamén na alimentación dos animais (en forma xa de nabos) ou mesmo para vender os excedentes nas feiras próximas.

Dulzura (2020). Imaxe tomada no Centro Médico de Outeiro de Rei que recolle un momento do traballo cotiá dunha enfermeira. A Enfermaría en España é unha profesión maioritariamente feminina. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, o 84,4 % das profesionais son mulleres. A actividade principal da Enfermaría é o coidado das persoas, tarefa que sempre se asignou ás mulleres, primeiro no ámbito doméstico e logo, por extensión, na sociedade.

Ambas imaxes contribúen a que as mulleres se poidan sentir recoñecidas na súa achega á sociedade a través delas mesmas e dos seus traballos e á vez son unha chamada de atención ao representar as luces e as sombras do traballo  das mulleres.”

Os premios previstos para a sección de fotografías antigas quedaron desertos  ao non presentarse ningún traballo.

As fotografías poderanse ver  na Casa da Cultura ata o  día 31  deste mes en horario de 9:00 h a 14:30 h.