Skip to main content
Actualidade

Suspendido o Pleno extraordinario da Deputación

Por 16 Marzo, 2020Sin comentarios

O Pleno extraordinario da Deputación de Lugo previsto para o vindeiro venres, 20 de marzo, queda suspendido debido á situación de emerxencia de saúde pública provocada polo coronavirus Covid-19.

O presidente decidira convocalo para o debate e aprobación do Plan Único 2020 antes de que a Xunta activara o plan de emerxencia de Galicia para conter o coronavirus.

Por todo isto, ante a emerxencia de saúde pública provocada polo COVID- 19 e en concordancia coas medidas anunciadas polas autoridades sanitarias da Xunta de Galicia e do Ministerio de Sanidad e, adoptaranse medidas que se manterán canto menos, ata o vindeiro día 27 de marzo de 2020 e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias.

Así, pecharase ao público as instalacións titularidade da Deputación Provincial de Lugo ou das súas entidades dependentes e a atención ao público verase limitado aos casos estritamente necesarios, priorizando na medida do posible a atención telefónica.