A Deputación forma a técnicos municipais no uso do Sistema de Información Xeográfica

A Deputación de Lugo forma a técnicos municipais de toda a provincia no uso do Sistema de Información Xeográfica (SIX) gracias a un curso de capacitación de 30 horas impartido por técnicos da Universidade. A formación, orientada á xestión na Administración local, é gratuíta e comezou este luns na aula principal do Edificio Cactus do Campus Terra.

Preto de 15 persoas participarán neste curso da institución provincial, que forma parte do convenio coa USC e que se prolongará ata o vindeiro 18 de marzo. Está destinado ao persoal da Administración local que necesite obter información de mapas sen que sexa necesario dispoñer de coñecementos especiais de informática gráfica ou xeográfica.

A formación pretende introducir ao persoal da Administración local nas últimas tecnoloxías no uso e tratamento da información territorial, difundir os recursos cartográficos existentes en Internet e na Deputación, fomentar a creación de SIX municipais, así como establecer liñas de comunicación máis áxiles e eficaces para o intercambio de información territorial.

Etiquetas