Skip to main content
ActualidadeTERRACHÁXA

‘Aprendemos en casa’ ofrece clases para os pequenos desde a televisión

Por 23 Marzo, 2020Sin comentarios

RTVE lanza hoxe luns Aprendemos en casa, unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para facilitar a educación desde a televisión pública durante o tempo que duren as medidas de illamento.

O luns 23 comezará a emisión deste espazo en Clan e La2, que reforzan así o papel da televisión con este proxecto destinado a toda a poboación.

As tres horas diarias en Clan, de 09.00 a 12.00 horas, estarán destinadas a estudantes entre 6 e 12 anos.

Aprendemos en casa 6 a 8 anos, de 09.00 a 10.00 horas, de 8 a 10 anos, de 10.00 a 11.00 horas,) e de 10 a 12 anos, de 11.00 a 12.00 horas.

No canle La2, a emisión durará dúas horas ao día, de 12.00 a 14.00 horas, para idades entre 12 e 16 anos.

E para os nenos de 12 a 14 anos, será de 12.00 a 13.00 horas, e de 14 a 16 anos, de 13.00 a 14.00 horas.

Aprendemos en casa contará cun completo programa de contidos no que cada día da semana Clan e La2 ofrecerán clases das seguintes materias para todas as idades: lóxica e matemáticas os luns; ciencias sociais os martes; educación artística e educación física os mércores; lingua e idiomas os xoves; e ciencias naturais os venres.