Skip to main content
Actualidade

As Pontes suspende o cobro de diversas taxas municipais

Por 24 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes, debido á declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo, decidiu proceder ao reintegro de diversas taxas abonadas polos usuarios e usuarias de diferentes servizos públicos municipais.

Así, o Concello das Pontes comunicoulles ás empresas responsables da xestión da Escola Infantil Municipal A Barosa e da Piscina Municipal que procedan á devolución da parte proporcional da cota do mes de marzo, en concepto de servizos non prestados, aos seus usuarios/as. Asemade, solicitóuselles a suspensión do cobro das cotas mensuais ata que se decrete o fin do estado de alarma.

Pola súa banda, o Concello das Pontes tamén suspende o cobro das cotas mensuais das escolas deportivas e culturais municipais ata que se levante o estado de alarma e procederá á devolución da parte proporcional do mes de marzo polos servizos non ofrecidos.

No caso das escolas municipais con pagos de cotas anuais, o Concello das Pontes reintegrará a parte proporcional da cota, equivalente ao tempo de vixencia do estado de alarma, tamén en concepto de non prestación dos servizos