Axudas a autonomos

Empresas e particulares da comarca lánzase a colaborar na loita contra a pandemia

Son moitas as accións individuais e persoais así como de empresas da comarca que están a prestar a súa axuda á loita contra esta pandemia. A donación de material é unha das accións máis realizadas nestes tempos de necesidade.

  • É o caso por exemplo de Naturleite, a empresa leiteira de Meira, que entregou un total de 400 batas de polietileno ao Hula para que sexan utilizadas polos sanitarios, sobre todo nestes días nos que faltan suministros debido ao colapso do mercado pola demanda xeralizada en todo o mundo.
  • No mesmo caso está Prolavi, empresa especializada en subministros de protección, que facía entrega ao Concello de Vilabla dun lote de produtos entre os que figuraban 9.000 luvas, mil gorros, dez buzos de protección química, dez mascarillas e dez pulverizadores desinfectantes. Este material quedou para uso dos servizos municipais.
  • Tamén Lactalis vén de donar leite para repartir entre as familias con problemas económicos.
  • A Garda Civil recibiu tamén un lote de material por parte dunha empresa de Muimenta e dun particular, do que non se soubo o nome e que pretendía protexer adecuadamente aos axentes. Batas, redecillas, calzas, luvas de nitrilo e de látex, así como xel desinfectante son os produtos que recibiron.
  • Así mesmo, a empresa Xesga donou varias partidos de luvas de nutrilo á Consellería de Sanidade.
  • Outra das medidas máis solidarias foi a que tomaron no Ceip Terra Chá, que destinarán os cartos que recibiron por un premio á donación de material sanitario ao Sergas para poñer o seu gran de area nesta crise. Así, xa lles fixeron chegar hoxe un palet con luvas, xel, lixivia e alcohol.

A todos estes hai que sumar todos os particulares que fan nas súas casas mascarillas para sanitarios e traballadores de risco, así como os que optan por paliar o aislamento das persoas con diferentes iniciativas.

Así mesmo, están todos aqueles propietarios que decidiron non cobrar o aluguer a aqueles negocios que tiveron que pechar as portas polo aislamento.

  • Como particultar tamén o alcalde de Friol non dubidou en saír á rúa co seu propio tractor para axudar aos empregados municipais a realizar tarefas de limpeza as rúas.
  • Tamén habería que citar a Carmen Goas, que foi a dona de Marquel, en Muimenta, e que hoxe rexenta O Vestidor de Carmen, en Vilalba, que donou á Xunta de Galicia mascarillas feitas por ela mesma durante o confinanmento. Tamén o seu cuñado fixo unha doazón de gafas para o persoal sanitario.
  • Ou a doazón de Jose Luis dunha sulfatadora para labores de desinfección, nos espazos municipais de Riotorto.

 

Etiquetas