Enquisa Mobilidade

O Concello de Guitiriz aporta pautas para o confinamento

O Concello de Guitiriz quere seguir coidando dos seus veciños tamén en tempos de confinamento e para iso, entre outras cousas, o Servizo de Atención Psicolóxica creou unha serie de pautas para axudar a manter a saúde mental e emocional na medida do posible.

Medidas como o mantemento dos hábitos de hixiene, alimentación ou exercicio físico; a organización do tempo; a importancia dos momentos de privacidade se vives acompañado, o uso das ferramentas virtuais para manter o contacto social de opoio ou o autocoidado.

Aquelas persoas que precisen axuda nalgún destes aspectos ou que necesiten buscar outro tipo de recursos poden botar man dos Servizos Sociais Comunitarios, que continúan activos, así como do Servizo de Atención Psicolóxica para situacións de emerxencia nos teléfonos 982 370 109 ou 646 381 036.

Etiquetas