Skip to main content
Actualidade

Os arqueiros do Silex deixaron o pavillón moi alto antes do parón

Por 27 Marzo, 2020Sin comentarios

Os arqueiros do Clube Silex das Pontes continúan colleitando premios. Así foi o que sucedeu no último desta especialidade, disputado en Valladolid.

Nun torneo moi internacional, con arqueiros chegados dende Ucraina, Gran Bretaña ou Irlanda, Alvariño foi cuarto nas tiradas previas (662), mentres que Dani Castro ocupaba a 15ª praza (632) dos 96 participantes. O mellor foi Pablo Acha con 673 puntos.

Nas roldas eliminatorias, Miguel, exento da primeira eliminatoria, gañou a Emilio Lucha (6-0), Pau Ramírez (7-3), caendo en cuartos ante o ucraino Sergii Makarevych por un axustado 6-5 con 10-9 na frecha de desempate, concluindo quinto.

Mellor lle foron as cousas a Dani que gañou sucesivamente a Iván González (6-2), Pere Cincunegui (6-2), o ucraino Heorhiy Ivanytskyi, segundo da previa, 6-5, 10-10 e 10-9 na segunda frecha de desempate, e en cuartos ao británico Keith Harding (7-1).

Nas semifinais deuse o luxo de vencer ao ucriano Viktor Ruban, ouro en Pekín 2008 nin máis nin menos, por 6-2, caendo na loita polo ouro ante o seu compatriora Oleksii Hunbin polo mesmo marcador.

Tampouco foi mal a competición por equipos na que Miguel, Dani e Pedro Pina, Silex, coa cuarta marca da previa, 1829, gañaron nos cuartos de final a Ibn Marwan por 6-2, perdendo en semis con Arqueros de Pozuelo, o gañador final, por 5-1. Repuxeronse e lograron o bronce ante Almussafes Xics, cun folgado 6-2.