Axencia de colocación

A Xunta distribúe aos concellos 29.400 unidades de protección

A Xunta de Galicia distribuíu nos últimos días entre os concellos lucenses diverso material para loitar contra a expansión do coronavirus, entre o que figuran 3700 mascarillas, 1500 traxes de protección e 24.200 guantes.

A entrega, coordinada pola Delegación Territorial a través do Posto de Mando Avanzado, estase a facer de xeito progresivo para dotar de medios ao persoal que segue a desenvolver funcións nos distintos servizos municipais.

Os criterios de distribución están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que na súa página web inclúe un formulario para que as entidades locais fagan chegar as súas necesidades no que respecta aos equipos de protección sanitaria (http://www.fegamp.gal/info-coronavirus).

A Delegación Territorial comezou o reparto de material o pasado día 24 e continuou distribuíndo os materiais a medida que foron chegando en función das necesidades dos concellos da provincia.

O Posto de Mando está integrado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, representantes de todas as xefaturas territoriais, e representantes de emerxencias e da policía autonómica.

Etiquetas