Enquisa Mobilidade

Solicitan de novo a apertura dos mercados de alimentación de proximidade

Máis de corenta organizacións galegas de diversos ámbitos veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual de estado de alarma e emerxencia sanitaria pola pandemia do Covid-19.

Entre os colectivos asinantes hai unha ampla representación da sociedade galega a través de sindicatos agrarios e obreiros como SLG, Fruga e CIG; organizacións ecoloxistas como Adega, Amig@s da Terra, Greenpeace ou o MEL; unha de decena de entidades investigadoras vinculadas ás universidades de Santiago de Compostela e Vigo; varios centros sociais; ou diversas agrupacións de consumo, labregas, profesionais, etc.

No manifesto reclaman á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, todos os esforzos posibles para que a partir do 31 de marzo, data ata a que a Xunta prohibiu a celebración de mercados alimentarios de proximidade, volva autorizalos “preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde do 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados”.

Consideran no manifesto “a nosa consternación ao ver como se nos discrimina, unha vez máis, en favor das grandes superficies comerciais, á hora de garantir o acceso en tempo de crise a un ben esencial como a alimentación”.

Apoian este manifesto:

A Eira do Colexio de Educadores e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)
Amarelante SCG
Amig@s da Terra
Asociación de Produtoras de Horta de Ribadeo A Sucadoira
Asociación Galega de Apicultura (AGA)
Asociación Mercado da Terra (Lugo)
Asociación Millo Miúdo (Oleiros)
Asociación O Xaramelo (Meis)
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega)
Asociación Raíces do Lusco
Asociación 4ponlas (Pontevedra)
CDR Portas Abertas
Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela
Centro Social Madia Leva (Lugo)
Centro Social O Fuscalho
Centro social O Quilombo (Pontevedra)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Enxeñería sen Fronteiras
Federación Rural Galega (Fruga)
Greenpeace
Grupo de Consumo Agrelar (Allariz)
Grupo de Consumo Semente (Ourense)
Grupo de Consumo Xurumelxs (Ourense)
Grupo de Bioeconomía da USC
Grupo de investigación en agronomía AGRONOMÍA (USC)
Grupo de Investigación en Construción Sustentable para o Medio Rural e Natural COSMERUN (USC)
Grupo de Investigación en Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social ECOAGRASOC (USC)
Grupo de Investigación Galabra en Estudos Culturais GALABRA (USC)
Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio GESPIC (USC)
Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX HISTAGRA (USC
Grupo de Investigación da Agricultura Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo
Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-Interea
Laboratorio do Territorio LABORATE (USC)
Movemento Ecoloxista da Limia (MEL)
Nais polo Clima
Proxecto Resclima
Rede de Consumo O Careón (Melide)
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza o Bierzo
Rede Revolta de Agroecoloxía e Historia
Sindicato Labrego Galego (SLG)
SPG A Gavela

Etiquetas