Axencia de colocación

Sotavento bate récord de visitas neste primeiro trimestre do ano

Malia a situación provocada polo coronavirus, que suspendeu a actividade lectiva a mediados do mes de marzo, o parque eólico de Sotavento pechou o seu primeiro trimestre batendo récord de visitas de estudantes. De feito, é o trimestre con máis visitas dos últimos seis anos.

Cun total de 2.713 visitantes repartidos en 88 grupos, o primeiro trimestre de 2020 encabeza a lista de mellor trimestre en canto a número de participantes.

Cunha media de 62 persoas por día lectivo e unha duración de 3-4 horas por visita, a procedencia dos grupos nestes tres primeiros meses do ano repártese con maior relevancia de visitas da Coruña (58%), seguido de Lugo co 36% e Pontevedra co 1,5%. Outros puntos de España representa o 4,5%.

O 79% dos grupos xa coñecía a  actividade debido a visitas anteriores, mentres que o 19% foi recomendado por comentarios doutros. O 2% restante interesouse pola actividade grazas á nosa páxina web.

Seguindo a liña dos últimos anos, a maior parte dos nosos grupos son técnicos, seguido polos centros de secundaria coa seguinte porcentaxe:

Grupos Técnicos/ BAC: 42%
Centros Secundaria: 35%
Centros Primaria: 12%
Asociacións/Particulares: 10%
Visitas Institucionais:1%

Etiquetas