Enquisa Mobilidade

Adxudican as obras do barrio da Ponte en Rábade

O Concello de Rábade xa adxudicou as obras de restauración do barrio da Ponte, que foron encargadas a Construcciones Cholo, por un valor de 100.000 euros. Malia a adxudicación, as obras non darán comezo xa debido á situación polo coronavirus e a cuarentena xa que hai escaseza de material.

Deste xeito, o Concello deixa en suspenso a execución ata que a situación se normalice para non formzar os prazos de execución á empresa.

As obras, como xa estaba previsto estarán ao cargo do Plan Único da Deputación e contemplan a recuperación do adoquinado da rúa Juan Pardo Montenegro, así como a construción de novas beirarrúas. Haberá tamé unha franxa verde entre estas e a calzada e un carril bici. O Concello subliñou que o plan contempla tamén a pavimentación trala rehabilitación da rúa Río Miño.

Etiquetas