Skip to main content
Actualidade

A Xunta reparte en Lugo 7.200 máscaras e 14.000 luvas

Por 2 Abril, 2020Sin comentarios

Entre mañá venres e o sábado está previsto que a Xunta de Galicia formalice a entrega de material de protección contra o coronavirus ao Concello de Lugo, tal e como avanzou no día de onte o vicepresidente, Alfonso Rueda.

Con este reparto, a administración autonómica chegará ao 100% dos municipios da provincia, incluída a capital. Un apoio posto en marcha polo Goberno galego para que os traballadores e traballadoras dos servizos municipais poidan desenvolver a súa actividade de forma máis segura.

Este primeiro envío incluirá 7.230 máscaras, 14.000 guantes, e 115 traxes antisalpicaduras que o Concello distribuirá -libremente e sen condicionamento- entre o cadro de persoal de axuda no fogar, protección civil, servizos sociais ou policía local, entre outros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que aínda que o Goberno central asumiu a competencia de compra centralizada e distribución deste material de protección tras a aprobación do estado de alarma, estes recursos non estaban chegando en cantidade suficiente e, por iso, a Xunta decidiu destinar recursos propios e procedentes de doazóns para atender as necesidades e en apoio do cen por cen dos concellos lucenses.

“A vontade da Xunta é a de continuar coa distribución deste material de protección periodicamente, dentro das nosas posibilidades e mentres dure a crise”-aclarou Balseiro- que explicou que nos repartos realizados a semana pasada priorizaron os concellos máis pequenos por entender que son os que máis dificultade tiñan á hora de acceder a estes recursos.