Comercios das Pontes únense para o reparto a domicilio

O comercio local das Pontes emprendeu unha campaña para que os veciños queden en casa e poidan recibir nos seus domicilios as súas compras.

A Asociación Cohempo, en colaboración co Concello, promoveu esta campaña para incentivar o comercio e que ao mesmo tempo a xente non saia das súas casas.

Así, a través das súas redes sociais ten publicados os comercios e os horarios nos que se poden facer as chamadas demandando os produtos vía telefónica ou polas redes sociais.

Coa campaña #quedanacasa búscase aos establecementos un repartidor local e un método de pago seguro a través da opción Phone& Sell, de Banco Sabadell para que as tendas poidan vender durante estes días de confinamento. Polo momento incorporáronse a esta iniciativa unha decena de negocios, aínda que se agarda que nos próximos días a cifra de establecementos aumente.

Etiquetas