Bonos consumo Vilalba

O Concello das Pontes entregará a domicilio as axudas do banco de alimentos

O Concello das Pontes comezou esta semana a entrega, a domicilio, dos víveres do Banco de Alimentos co obxectivo de evitar a extensión do coronavirus.

Desde o departamento de Benestar Social, en colaboración con Protección Civil, púxose en marcha este dispositivo que permitirá levar as axudas “casa a casa” evitando que as 75 familias beneficiarias teñan que desprazarse ata a Casa Dopeso para recoller os alimentos.

A través deste sistema o Concello das Pontes busca seguir dando cobertura ás necesidades alimentarias detectadas no municipio así como garantir o cumprimento das medidas de protección, mobilidade e seguridade decretadas polo goberno central para conter a propagación do COVID-19.

Tania Pardo, responsable da área, apunta que “o Concello das Pontes fai entrega destas axudas catro veces ao ano, nesta ocasión a situación sanitaria facía imposible a recollida dos alimentos nas instalación municipais e optamos por facer a entrega , de máis de 4.000 quilos de comida, a domicilio para cubrir as necesidades de máis de 170 persoas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade, evitando que ninguén quede atrás”

Etiquetas