Skip to main content
Actualidade

A antiga escola de Bazar será o futuro museo de Anxo Lamas

Por 3 Abril, 2020Sin comentarios

En 2018 e a proposta do BNG, o pleno de Castro de Rei acordaba por unanimidade dedicar algún espazo público a Anxo Lamas. E con esta máxima o goberno municipal acordou dedicar a antiga escola de Carravilar, na parroquia de Bazar, ao artista local Anxo Lamas. A decisión xa se puxo en coñecemento da familia do polifacético pintor e escultor, e consistirá en crear un museo na súa memoria que inclúa unha exposición da súa obra.

O inmoble xa foi restaurado integramente a través dun taller de emprego, con traballos que incluíron  pintura interior, exterior, melloras na fachada e renovación de xanelas, cun investimento de ao redor de 3.000 euros para a compra de material. A maiores, noutra actuación, o Concello investiu 10.000 na rehabilitación do tellado.

A antiga escola, dunha única planta, destinarase integramente ao museo escollendo un lugar na propia parroquia e a só 400 metros da que foi a súa casa. O centro, de titularidade municipal, abrirá para visitas concertadas.