Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Pastoriza apraza os pagamentos das taxas municipais ata agosto

Por 3 Abril, 2020Sin comentarios

O alcalde de Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, vén de facer públicas nun decreto unha listaxe de medidas económicas para aplicar con motivo do estado de alarma e os problemas económicos en todos os rangos cidadáns derivados deles.

A primeira consiste no aprazamento do cobro das taxas de auga e lixo aos negocios afectados pola suspensión obrigatoria da actividade por mor da corentena. A moratoria prolongarase en principio ata o 31 de agosto.

Así mesmo, procederase á devolución ou, no seu caso, non liquidación das taxas e prezos públicos dende o día 16 de marzo ata que finalice o prazo de suspensión de actividades na piscina municipal e no Punto de Atención á Infancia (PAI).

Os afectados deberán presentar a súa soliciutde no Rexistro do Concello aportando a documentación que se lles acredite e co formulario modelo que ten o Concello a tal efecto.