Axencia de colocación

As Pontes reforza a Policía Local con catro auxiliares

O Concello das Pontes reforzará, a partir do luns, a plantilla da Policía Local con catro auxiliares que realizarán tarefas de vixilancia e prevención nas rúas do municipio durante o estado de alarma.

O alcalde, González Formoso, subliña a importancia destas novas incorporacións “desde a implantación do estado de alarma, os axentes da Policía Local das Pontes están realizando un enorme esforzo, cubrindo o servizo ás 24 horas do día, con rondas para avisar á poboación de que deben permanecer nas súas casas, vixiando os espazos públicos e efectuando controis de vehículos, é precisamos máis recursos humanos para intensificar estes controis para evitar a propagación do COVID-19, manter a seguridade cidadá e asegurar o confinamento”.

Os catro auxiliares prestarán os seus servizos no Concello das Pontes durante un período de 6 meses e realizarán os mesmos traballos que os actuais membros da Policía Local, orientadas a garantir o cumprimento das medidas establecidas polo Goberno e a Xunta de Galicia así como a informar á cidadanía das recomendacións para evitar o risco de contaxio e a propagación do coronavirus.

A contratación dos catro auxiliares realizouse a través da bolsa de contratación de auxiliares da Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) posta a disposición de todos os concellos galegos por parte da Xunta de Galicia ante a epidemia do coronavirus.

Etiquetas