Skip to main content
ActualidadeCospeito

Adiada a celebración da Festa da Filloa de Muimenta

Por 6 Abril, 2020Sin comentarios

Despois dos días nos que tiña que celebrarse a Moexmu, e despois de coñecer as últimas recomendación das autoridades sanitarias, así como da ampliación do Estado de Alarma, que se aprobará formalmente estes días, a comisión de empresarios que este ano organizaba tamén a Festa da Filloa de Muimenta, vén de decidir, “moito ao noso pesar”,  retrasar a celebración da XXIX edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, que se tiña que celebrar o vindeiro venres primeiro de maio.

Como explica, malia que, a priori, á prorroga do Estado de Alarma remata o vindeiro 26 de abril, xa se adiantou que se prorrogará, anque non sexa tan restrictivo e irase levantando progresivamente. Polo tanto, a comisión quere velar pola saúde tanto dos colaboradores (filloeiras e filloeiros), churrasqueiros, etc., dos expositores e tamén dos visitantes que acudan ao Recinto Feiral Manuel Vila e, que previsiblemente se poidan quedar a comer no pavillón, onde poden coincidir máis de mil comensais á vez

Evidentemente, tamén se retrasan todas as actividades parellas a ela:

  • Concurso de Debuxo e Relato da Filloa  aínda que a comisión anima a os máis novos a que presenten os traballos nos seus respectivos centros e que estos os faigan chegar á comisión.
  • Campionato do Cans de Caza
  • Probas de Agility
  • Viaxe promocional ao Luar
  • Demostración das Filloas do Concello de A Baña, coas cales se realizaba un intercambio.

A comisión organizadora espera reunirse, unha vez que remate o Estado de Alarma para decidir, se se reubican tanto a Moexmu como a Festa da Filloa, ou se retrasan definitivamente para o ano 2021.

“En ambos casos esperamos seguir contando coa colaboración de todos os nosos patrocinadores (públicos e privados) e, sobre todo coa colaboración e traballo da veciñanza, tanto de Muimenta como dos pobos cercanos. O primeiro é a saude. E cando todo esto pase, estaremos aquí”, conclúen.