Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Concello da Pastoriza imprimirá as tarefas escolares dos veciños que o precisen

Por 6 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello da Pastoriza vén de poñer en marcha o servizo de impresión de copias de tarefas escolares “para evitar que o confinamento afecte o menos posible o desenvolvemento da actividade académica do alumnado”, como explica o seu alcalde, Primitivo Iglesias.

Esta medida está dirixida principalmente a aquelas familias que non dispoñan nos seus fogares de sistemas de impresión e precisen as copias para desenvolver durante a corentena os traballos dos pequenos nas casas.

Así os interesados en obter información sobre o sistema de impresión poden poñerse en contacto co concello no teléfono 982 870 025 ou no correo tarefasescolarespastroiza@gmail.com

Este proxecto conta coa colaboracion dos colexios O Salvador o Plurilingüe de Bretoña e o IES Fonmiñá.