Axencia de colocación

O prazo de presentación do premio Díaz Castro volverá abrirse tralo estado de alarma

O Concello de Guitiriz, en vista da suspensión de todos os prazos administrativos que implica a declaración do Estado de Alarma, decidiu suspender tamén o prazo de presentación dos orixinais para participar na quinta edición do premio Xosé María Díaz Castro de poesía. O prazo, que tiña que rematar o 32 de marzo, reanudarase unha vez finalice o Estado de Alarma e o Concello indicará a nova data límite de entrega.

Lembra que os poemas que se envíen deberán estar escritos en lingua galega e poderán ser de tema e forma libres, cunha extensión mínima de 500 versos. Non poderán concorrer ao certame os gañadores e gañadoras de anteriores edicións.

A obra gañadora terá un premio en metálico de 2.000 euros e ademais será publicada por Edicións Espiral Maior.

Etiquetas