Enquisa Mobilidade

O Concello de Outeiro entrega unha máquina de desinfección á residencia de maiores

O día 7 de abril, o Concello de Outeiro de Rei fixo entrega dunha máquina de desinfección para a Residencia de anciáns Domus Vi, que pertence ao municipio de Outeiro de Rei, onde residen 183 maiores, que están atendidos por 80 sanitarios. Na devandita residencia non se detectou ningún caso positivo de Coronavirus. Durante a emerxencia, o día 6, por segunda vez a Xunta de Galicia, fixo entrega á directora de Domus Vi, Marta Ulloa, a cantidade de 1.300 luvas, 2.200 máscaras, 28 batas de hidroselfs, 10 garrafas de desinfectante de 5 litros cada unha, 43 máscaras de FP2, 37 batas de plástico, 37 mandís, 11 pantallas de protección ocular, 300 gorros e 100 calzas.

Doutra banda, o alcalde do municipio, José Pardo Lombao, manifestou estar disposto a aceptar o material que o Concello de Lugo recibiu da Xunta, e que no seu día, en nota de prensa dixo que o rexeitaban. Dado que nós consideramos que estes produtos están en boas condicións, estamos encantados de recibilos para a protección da nosa xente; sendo concellos limítrofes, estariamos dispostos a retiralos a condición de que o Concello de Lugo e a Xunta autoríceno, dixo o alcalde.

Etiquetas