Axencia de colocación

O prazo para participar no concurso fotográfico de Sotavento remata en maio

Un ano máis, o parque eólico de Sotavento ten convocado o seu Certame Renovable de Fotografía, que xa vai pola súa décima edición e que este ano ten un único premio en metálico de 400 euros.

As fotografías deben ter como temática principal o Parque Eólico Experimental Sotavento e poderán enviarse por correo electrónico ata o 25 de maio de 2020 á dirección info-divulgacion@sotaventogalicia.com.

Non existe límite de idade para os participantes e permítese uyn máximo de tres fotografías por autor valorando a creatividade, o enfoque do tema proposto e a calidade fotográfica en función da idade.

As imaxes deben presentarse en formato .jpg ou .png e non poden pesar máis de catro megas.

O fallo do xurado está previsto para o mes de xuño e farase público a través das redes sociais e a web de Sotavento.

Etiquetas