Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras establece medidas para facilitar o confinamento aos pequenos

Por 9 Abril, 2020Sin comentarios

En época de confinamento, outro dos sectores mais afectados polo mesmo son os nosos nenos e nenas. Nestos días de reclusión na casa, para intentar paliar a imposibilidade de facer vida normal, indo ao colexio ou simplemente camiñando pola rúa, o Concello de Muras aplicou unha serie de medidas dirixidas ao pequenos da casa.

Unha das primeiras medidas foi a posta en marcha dun servizo gratuíto de impresión e entrega a domicilio de deberes, apuntes e traballos escolares.

Lembran tamén que a Xunta de Galicia puxo en marcha tamén o blog A Escola Infantil na Casa e ten canle de Youtube.

Así mesmo e debido á prolongación do estado de Alarma, o Concello tamén puxo en marcha un servizo para facer máis levadeiro os aniversarios dos pequenos e pequenas da casa. Persoal de Protección Civil das Pontes achegarase ao domicilio particular para cantarlle ao homenaxeado o cumpreanos feliz.