Axencia de colocación

Rábade crea un servizo gratuíto de desprazamento

O Concello de Rábade vén de poñer en marcha un servizo gratuíto de desprazamento dirixido a aqueles veciños que teñan necesidade de desprazarse ou de recibir material e non dispoñan demedios propios.

Esta medida ponse en marcha con motivo do Estado de Alarma decretado e que imposibilita as comunicacións.

Os interesados en obter dito servizo poden comunicalo o día anterior no teléfono 682 741 000 ou en calquera dos números do Concello.

Etiquetas