Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

NPG organiza recitais poéticos diarios dende o xoves

Por 13 Abril, 2020Sin comentarios

#enredeversos é o Festival de Poesía en Rede de recitais on line que organiza a NPG Nova Poesia Guitirica coa participación de poetas amigos e de agrupacións poéticas de base, como Versos de Area de Ponteareas, Moraima da comarca de Ferrol, In Nave Cívitas (colectivo Urbano Lugrís da Coruña), Nómades do Verso (Colectivo Antón Borrazás da Coruña), Irmandade Poética e Artística Luso-Galaica de Chantada e Poesía Galega Ceibe da Costa da Morte.

Coincidindo co confinamento pola pandemia do COVID19, organizaron entre o 16 de abril e o 1 de maio (incluídos) recitais de 50 poetas que intervirán en directo dende o facebook da Nova Poesia Guitirica NPG. Cada día dende o 16 de abril en tres quendas diarias ás 18:00, ás 20:00 e ás 22:00, medio cento de poetas tomarán a palabra para contribuir a facer máis levadeiro o confinamento.

#enredeversos é unha proposta poética cunha grande participación na que poetas de diversos lugares de Galiza e de diversas agrupacións poéticas de base se implican cos seus versos para aportar a outras alternativas de ocio e cultura coincidindo coa pandemia do coronavirus.

Un festival on line sin precedentes en Galiza en canto á participación que pon a poesía ao servizo da sociedade a través dos versos de 50 poetas de diferentes lugares do país.

As intervencións, despois do directo, serán distribuiídas polas redes das diferntes agrupacións poéticas que participan deste festival.